Saturday 18 de May de 2024

Comeza na AGASP o curso de mediación policial para o Corpo Nacional de Policía


O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, inaugurou o curso básico de mediación de policial dirixido a persoal do Corpo Nacional de Policía que traballa en Galicia, dentro do proxecto pioneiro nesta materia que esta levando a Academia Galega de Seguridade Pública en colaboración coa USC.

A Agasp mediante este convenio formara a todo o persoal que desenvolve función de seguridade pública na nosa comunidade autónoma, en primeiro lugar co curso básico, como que hoxe comeza e tras o mesmo e para todos aqueles que o superen, un curso de especialización de 75 horas, totalmente práctico.

Ademais, en vindeiras datas asinarase un protocolo de colaboración entre a Vicepresidencia, e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza coa USC, a FEGAMP e a representación das forzas e Corpos de Seguridade do Estado, para obter un marco legal e poder desenvolver con todas as garantías a labor mediadora que se busca, é dicir acadar resolver os conflitos entre os particulares dun xeito pacífico sen acudir aos tribunais.
Xa realizaron a formación básica o persoal da UPA, mais parte do persoal dos corpos da Policía Local de Galicia (aínda pendentes de realizar dúas edicións mais, para dar cobertura a toda a demanda desta formación por parte dos concellos).
Comezan o curso básico 25 policías nacionais procedentes de toda Galicia, e desenvolverase na sede da Academia, ata o vindeiro sábado día 29, incluido.